Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes Empresarios del Calvario (Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes Empresarios del Calvario (Vigo), que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: comerciantes e empresarios que exerzan a súa actividade no ámbito territorial descrito.

Asinan a acta de constitución: Guillermo González Costal e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 26 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra