De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Hosteleiros A Lamprea de Arbo (AHAL Arbo), que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: local.
Profesional: profesionais-autónomos-empresas, da hostelería de Arbo.
Asinan a acta de constitución: José Méndez Castro e dous máis.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 23 de xuño de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra