Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 72/2000.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no art. 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 72/2000.

Acta inf. nº 1479/99.

Empresa: Decoraciones Castro García, S.L.

NIF/DNI: B-15.554.264.

Enderezo: r/ Españoleto, 50. Ferrol (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificante de notificación.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 28 de xuño de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña