Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte A Lampaza e O Cruceiro, a favor dos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza e Vilar (parroquia de Ponte Ambía), no concello de Baños de Molgas (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o vintedous de marzo de dous mil, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado A Lampaza e O Cruceiro, por solicitude dos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, e Vilar, da parroquia de Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas.

Resultando que con data do 29 de abril de 1998 tivo entrada no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza e Vilar, parroquia de Ponte Ambía, concello de Baños de Molgas (Ourense), solicitando que se declare o monte A Lampaza e O Cruceiro como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial en sesión celebrada en data do 18 de novembro de 1998, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores del mesmo a Abel Carvajales Santaeufemia e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Allariz, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños dos lugares indicados, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Baños de Molgas, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais á Xerencia Territorial do Catastro, e á delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Baños de Molgas, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida

no dorso do edicto polo secretario do citado concello, que durante o prazo sinalado en edictos para que os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente, se practicou no Rexistro da Propiedade de Allariz, como segue:

«Folio 60 do Libro 47 de Baños de Molgas, Tomo 339 do Arquivo, predio 6.572, Letra A.».

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades muncipais.

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado.

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño como membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano.

4.Que o patrimonio e a participación é inalienable, imprescritible e inembargable.

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividumdo.

Considerando que, segundo informacións e testemuños, resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Arriba de Abaixo, Pumares, Cachagonza, e Vilar (parroquia de Ponte Ambía), no concello de Baños de Molgas. (Ourense).

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que, das informacións recollidas, resulta que os veciños dos lugares indicados están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, e Vilar, da parroquia de Ponte Ambía, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu Regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado A Lampaza e O Cruceiro, de 41.967 m, aproximadamente en conxunto, de superficie a favor dos veciños dos lugares de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, e Vilar (parroquia de Ponte Ambía) no concello de Baños de Molgas (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Concello: Baños de Molgas.

Monte denominado: A Lampaza e O Cruceiro, integrado por oito leiras individuais, en conxunto

Comunidade propietaria: veciños de Ponte Ambía de Arriba, Ponte Ambía de Abaixo, Pumares, Cachagonza, e Vilar (parroquia de Ponte Ambía).

Superficie: 41.967 m, aproximadamente en conxunto.

-Monte: A Lampaza, integrado por sete leiras.

Superficie: 38.070 m, aproximada.

Parcela nº 1.

Superficie: 1.050 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: camiño.

Sur: estrada Salgueiros-Viñal.

Oeste: herdeiros de José Rodríguez.

Parcela nº 2.

Superficie: 7.500 m, aproximada.

Estremas:

Norte: Antonio Gómez e herdeiros de Erundina Rejo.

Leste: estrada de acceso a Cachagonza.

Sur: estrada Salgueiros-Viñal.

Oeste: camiño.

Parcela nº 3.

Superficie: 1.590 m, aproximada.

Estremas:

Norte: Antonio Gómez e Alfredo Vara.

Leste: Alfredo Vara.

Sur: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela nº 4.

Superficie: 5.287 m, aproximada.

Estremas:

Norte: estrada de Salgueiros-Viñal.

Leste: camiño.

Sur: camiño.

Oeste: herdeiros de Antonio Cid.

Parcela nº 5:

Superficie: 15.100 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: Ester Borrajo e Rudesindo Tesouro.

Sur: ferrocarril.

Oeste: Antonio Calvo.

Parcela nº 6.

Superficie: 7.560 m, aproximada.

Estremas:

Norte: ferrocarril.

Leste: herdeiros de Domicilio Fernández.

Sur: camiño.

Oeste: herdeiros de Antonio Cid.

Parcela nº 7.

Superficie: 620 m, aproximada.

Estremas:

Norte: camiño.

Leste: camiño.

Sur: Gerardo Gavilanes.

Oeste: Gerardo Gavilanes.

-Monte: O Cruceiro, integrado por unha leira.

Superficie: 3.260 m, aproximada.

Parcela nº 8.

Superficie: 3.260 m, aproximada.

Estremas:

Norte: José Rejo e Asunción Coello.

Leste: José Gavilanes.

Sur: Ángel Garrido e Gerardo Garrido.

Oeste: estrada O Pazo.

No interior deste monte atópanse: antiga escola, depósito de auga, transformador de Fenosa e senda de SO a NL.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do concello de Baños de Halgas, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin a vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 23 de marzo de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial

de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial

de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense