Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a subministración consistente na modernización da lonxa do porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracions públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración consistente na modernización da lonxa no porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).

Obxecto: subministración consistente na modernización da lonxa no porto pesqueiro do Grove (Pontevedra).

Orzamento e tipo: tres millons de pesetas (3.000.000) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: dous meses a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescriccións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicions, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderán presentarse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacions territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar cualquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, na que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura