Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración consistente na adquisición da uniformidade para o persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración consistente na adquisición da uniformidade para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 17/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición de uniformes para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

b) Nº de unidades que se van entregar: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 8 lotes.

d) Lugar de entrega: a entrega efectuarase en cada un dos centros onde a mercadoría esté destinada.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.721.900 ptas. (once millóns setecentas vinteunha mil novecentas pesetas) incluído IVE, 70.450,04 A.

Partida 1: roupa diversa (confección á medida): 2.533.000 ptas. (dous millóns cincocentas trinta e tres mil), 15.223,64 A.

Partida 2: pixamas e batas: 3.386.000 ptas. (tres millóns trescentas oitenta e seis mil pesetas), 20.350,27 A.

Partida 3: roupa de punto: 168.000 ptas. (cento sesenta e oito mil pesetas), 1.009,70 A.

Partida 4: roupa de cociña: 788.400 ptas. (setecentas oitenta e oito mil catrocentas pesetas), 4.738,38 A.

Partida 5: roupa deportiva: 935.000 ptas. (novecentas trinta e cinco mil pesetas), 5.619,46 A.

Partida 6: calzado: zapatos de pel e botas de goma: 843.500 ptas. (oitocentas corenta e tres mil cincocentas pesetas), 5.069,54 A.

Partida 7: calzado: zapatillas deportivas: 485.000 ptas. (catrocentas oitenta e cinco mil pesetas), 2.914,91 A.

Partida 8: calzado: zocos: 2.583.000 ptas. (dous millóns cincocentas oitenta e tres mil pesetas), 15.524,14 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará exposta en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: información en avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo-36202.

d) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

e) Fax: 986 81 72 01

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas, tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avda. Vigo, s/n ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentaren ofertas (procedemento restrinxido): ...

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural contado a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra