Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración consistente en lencería para centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación da subministración consistente en lencería para centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 18/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición da uniformidade para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

b) Nº de unidades que se van entregar: ...

c) División por lotes e número: 10 lotes.

d) Lugar de entrega: a entrega efectuarase en cada un dos centros onde a mercadoría estea destinada.

e) Prazo de entrega: 3 meses, contados a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.000.000 de ptas. (seis millóns de pesetas) incluído IVE, 36.060,73 A.

Partida I (toallas e alfombriñas): 987.850 ptas. (novecentas oitenta e sete mil oitocentas cincuenta pesetas) 5.937,10 A.

Partida II (almofadas e colchóns de resortes): 597.500 ptas. (cincocentas noventa e sete mil cincocentas pesetas) 3.591,05 A.

Partida III (colchóns de látex): 660.000 ptas. (seiscentas sesenta mil pesetas) 3.966,68 A.

Partida IV (fundas de almofada, almofadóns e sabas): 953.900 ptas. (novecentas cincuenta e tres mil novecentas pesetas) 5.733,05 A.

Partida V (colchas e faldras para mesa de braseiro): 500.000 ptas. (cincocentas mil pesetas) 3.005,06 A.

Partida VI (cubrecolchóns): 204.750 ptas. (duascentas catro mil setecentas cincuenta pesetas) 1.230,57 A.

Partida VII (empapadores de cama e babeiros): 1.416.250 ptas. (un millón catrocentas dezaseis mil duascentas cicuenta pesetas) 8.511,83 A.

Partida VIII (manta de viaxe e moletóns): 344.500 ptas. (trescentas corenta e catro mil cincocentas pesetas) 2.070,49 A.

Partida IX (pixamas e camisóns): 167.500 ptas. (cento sesenta e sete mil cincocentas pesetas) 1006,70 A.

Partida X (manteis, salvamanteis, panos de mesa, panos de vaixela e cociña): 167.750 ptas. (cento sesenta e sete mil setecentas cincuenta pesetas) 1.008,20 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará exposta en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: información en avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo-36202.

d) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

e) Fax: 986 81 72 01

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas

previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avda. Vigo, s/n ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cual o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentaren ofertas (procedemento restrinxido): ...

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural contado a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra