Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Pimpinela e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro: mediante escrito do 10-11-1999, Juan Ramón Cousido Suárez solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Pimpinela.
Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Juan Ramón Cousido Suárez (35.443.800), Dolores Suárez Suárez (35.405.164) e Arturo Cousido Rial
(35.467.983), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Pimpinela.
Localización: 61 Cambados C.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 31-10-1972.
Remate vixencia: 29-11-2002.
Antigos titulares: Juan Ramón Cousido Suárez (35.443.800), Dolores Suárez Suárez (35.405.164) e Arturo Cousido Suárez (35.437.728).
Novas titulares: Juan Ramón Cousido Suárez (35.443.800), Dolores Suárez Suárez (35.405.164) e Arturo Cousido Rial (35.467.983).
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de xuño de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra