Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/68-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., As Camelias.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 420 m, en conductor R.H.V.-12/20, derivada desde a liña ó C.T. Polvorín (Rexistro r/ Ponte Codesal) e remata no C.T. proxectado nas Camelias, con 400 kVA, 20.000-380/220 V. Redes de baixa tensión subterránea nas Camelias derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense