Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/90-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Carracido, Agra de Barro e Río do Porto.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: centro de transformación, tipo caseta de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Carracido, substituíndo o anterior transformador. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 150, 95 e 56 mm Al. De 1.090 m de lonxitude, con orixe no C.T. Carracido e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 160 m de lonxitude, con orixe no C.T. Monte Rei e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 650 m de lonxitude, con orixe no C.T. Mina de Barro e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 1.480 m de lonxitude, con orixe no C.T. Río do Porto e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 120 m de lonxitude, con orixe no C.T. estrada de Muros e discorrendo polo lugar do mesmo nome. De 565 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Barquiña e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Liña eléctrica subterránea de baixa tensión a 380/220 V, en conductor R.V. de 50 m de lonxitude desde a C.T. Mina do Barro. Noia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña