Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.895

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel y Cafetería Riazor.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel e Cafetería Riazor (código 1502882) que tivo entrada nesta delegacion provincial o día 27-4-2000, e posteriormente rectificado con data do 7-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polos delegados de persoal, o día 30-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial de A Coruña

Convenio que regula as condicións económicas e laborais do persoal que presta os seus servicios na empresa Hotel Riazor Coruña, S.L.

Na cidade da Coruña o trinta de marzo de dous mil, reunidos dunha parte, Mª Estrella Mazoy Dorrego e Luis D. Graña Crecente, en calidade de conselleiros-delegados do Hotel e Cafetería Riazor, en representación da empresa Hotel Riazor Coruña, S.L. e doutra parte, Mª Dolores Facal Rey, Luis Carlos Varela Souto e Joaquín Vejo Núñez, en representación do cadro de persoal de traballadores, como delegados do persoal do hotel Riazor, e José Raúl Rocha Naveira, como delegado do persoal da cafetería Riazor, que despois dunha serie de reunións, para o estudio e a aprobación do convenio de empresas, chegaron á aceptación do convenio, para os indicados centros de traballo, nos termos e as condicións que a continuación se especifican:

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta ó persoal do cadro de persoal que preste os seus servicios no Hotel e Cafetería

Riazor, e ó que se incorpore durante a súa vixencia, sita na cidade da Coruña, avda. Barrié de la Maza, 27-29.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999 e finalizará o 31 de decembro de 2001.

Poderá ser denunciado por calquera das dúas partes cun mes de antelación á data do seu vencemento; se non o fose, entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente. No caso de prórroga por un ano, efectuarase un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado por este convenio consistirá nun soldo base, conforme as distintas categorías profesionais, o que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxe de servicio que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refiren os artigos 49, 52 e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida considerando, ademais, que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, no outro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde acaden nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen a condición de mínimas, polo que os actos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, subsistirán para aqueles productores que viñesen desfrutándoas.

Artigo 6º

Establécese a seguinte clasificación profesional.

-Hotel Riazor:

Nivel 1: contable xeral.

Nivel 2: gobernanta, conserxe día.

Nivel 3: oficial contabilidade, recepcionista, encargada lencería e lavandería, conserxe noite.

Nivel 4: telefonista, auxiliar oficina, axudante recepción.

Nivel 5: axudante conserxe.

Nivel 6: calefactor, electricista, camareira pisos.

Nivel 7: mozo equipaxe.

Nivel 8: lavandeiras, limpadoras, botóns máis de 18 anos.

Cafetería Riazor:

Nivel 1: camareiros.

Nivel 2: dependentes de 2ª, axudante camareiro.

Nivel 3: cociñeiro, encargado almacén.

Nivel 4: axudante cociña, fregadora.

No caso de que non fose incluída algunha categoría profesional neste artigo, a comisión paritaria determina o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 7º.-Retribucións.

A cada categoría profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel e que serán as seguintes:

-Hotel Riazor 1999:

Nivel 1: 115.278 ptas.

Nivel 2: 113.985 ptas.

Nivel 3: 111.260 ptas.

Nivel 4: 110.026 ptas.

Nivel 5: 108.703 ptas.

Nivel 6: 107.422 ptas.

Nivel 7: 105.958 ptas.

Nivel 8: 105.045 ptas.

-Cafetería Riazor 1999:

Nivel 1: 115.646 ptas.

Nivel 2: 114.004 ptas.

Nivel 3: 109.979 ptas.

Nivel 4: 108.881 ptas.

Para o ano 2000 aumentarase ás táboas de 1999 o IPC máis un punto e un cuarto.

Para o ano 2001 aumentarase ás táboas de 2000 o IPC máis un punto e medio.

Artigo 8º.-Manutención.

O persoal con dereito a manutención e que non faga uso del percibirá por tal un complemento en metálico de cinco mil oitocentas dezaoito pesetas para o ano 1999.

Para o ano 2000 aumentarase ás táboas de 1999 o IPC máis un punto e un cuarto.

Para o ano 2001 aumentarase ás táboas de 2000 o IPC máis un punto e medio.

Artigo 9º.-Aloxamento.

Considérase incluído nos salarios que figuran no artigo 7º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 10º.-Complemento de convenio.

Establécese un complemento de convenio de tres mil oitocentas noventa e sete pesetas, para o ano 1999, para todo o persoal exceptuando os departamentos de lavandería, cafetería, cociña, economato e servicios técnicos, que será de dúas mil trescentas trinta e nove pesetas, para o ano 1999.

Para o ano 2000 aumentarase ás táboas de 1999 o IPC máis un punto e un cuarto.

Para o ano 2001 aumentarase ás táboas de 2000 o IPC máis un punto e medio.

Artigo 11º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte para todo o persoal afectado polo seguinte convenio de seis mil cincocentas pesetas para o ano 1999.

Para o ano 2000 será de sete mil pesetas.

Para o ano 2001 será de sete mil cincocentas pesetas.

Artigo 12º.-Complemento especial.

O persoal dos departamentos que se especifican a continuacón en que se encontraban traballando nos ditos departamentos no ano 1990 e continúan na actualidade percibirán un complemento especial de doce mil novecentas noventa e una pesetas para o ano 1999.

Para o ano 2000 aumentarase ás taboas de 1999 o IPC máis un punto e un cuarto.

Para o ano 2001 aumentarase ás táboas de 2000 o IPC máis un punto e medio.

Departamento de recepción.

Departamemto de teléfonos.

Departamento de administración.

Departamento de lencería.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios de antigüidade establecidos pola vixente ordenanza laboral de traballo quedan de acordo coa seguinte escala:

Un 4% sobre o salario art. 7º, ó cumplirse tres anos de servicio efectivo na empresa.

Un 9% ós seis anos.

Un 17% ós nove anos.

Un 25% ós quince anos.

Un 40% ós vinte anos.

Un 48% ós vintecatro anos.

A partir dos 25 anos de servicio efectivo na empresa, esta aumentará un 2% anual, ata o límite do 60%.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por outro motivo de categoría profesional.

Queda suspendido o complemento de antigüidade para os traballadores contratados a partir do 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Durante a vixencia do seguinte convenio aboaranse tres gratificacións extraordinarias, de trinta días cada unha, nos meses de xullo, setembro e decembro, constituídas polos salarios establecidos no art. 7º incrementados pola antigüidade que corresponda a cada un.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado polo seguinte convenio será, como mínimo, de trinta días naturais retribuidos a razón de salario base, antigüidade, complemento transporte, complemento convenio e manutención de se-lo caso.

As vacacións poden desfrutarse en bloque ou fraccionadas en dous períodos de quince días cada un.

A decisión de desfrutalas nun período ou en dous, así como a data ou datas de desfrute, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. No caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e a súa decisión será irrecorrible.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días non laborables legalmente establecidos.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo. Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería, administración e contabilidade, sempre con máis de 50 traballadores.

Artigo 17º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes, e coa seguinte duración:

-Matrimonio do traballador, 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Parto da esposa, 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comunóns, 1 día se é dentro da provincia e tres días se é fóra dela.

-Intervención cirúrxica grave do pai, nai, fillos, esposa ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 4 días.

-Traslado do domicilio habitual, 1 día.

-Libre disposición, non acumulable a vacacións, 2 días.

Artigo 18º.-Excedencias.

O traballador cunha antigüidade na empresa, alomenos dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período de cinco anos, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinadas.

Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro dun prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos e concederase polo tempo solicitado.

c) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarllo á empresa cun mes de antelación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á incorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo preste os seus servicios por conta allea, en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional, en empresas comprendidas na ordenanza laboral do traballo de hostalería.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituí-lo o excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se incorporase no prazo e condicións sinalados, cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior e mentres dure o exercicio do seu mandato.

g) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de, alomenos, catro anos de servicio efectivo na empresa.

h) A excedencia concederase sen ningún dereito a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 19º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Os traballadores cunha antigüidade mínima dun ano que tivesen que incorporarse ó Servicio militar terán reservado o seu posto de traballo e deberán integrarse durante os dous meses seguintes á data do seu licenciamento.

Os traballadores que leven dous anos na empresa ou tres tempadas de verán ou inverno, consecutivamente, terán dereito a percibir dúas gratificacións extraordinarias, unha en verán (xullo) e outra en inverno (decembro) da mesma contía que a que percibirían se se atopasen en activo. Estas gratificacións cobraranse con independencia das cantidades que os traballadores percibisen en concepto de liquidación das partes proporcionais das pagas extraordinarias ó incorporarse o servicio.

Artigo 20º.-Quebrando de moeda.

En concepto de quebranto de moeda nos establecementos clasificados de luxo, 1ª-A, 1ª-B e 2ª, da ordenanza nacional de traballo, percibirán: 2.000 ptas. mensuais o caixeiro xeral, 1.500 ptas. o caixeiro do hotel e 1.500 ptas. os caixeiros do departamento.

Artigo 21º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do soldo base máis a antigüidade, manutención e complemento de convenio.

Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses. Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir do período de vacacións.

Artigo 22º.-Premio de xubilación e auxilio de defunción.

En caso de falecemento do traballador ou traballadora concederáselle á viúva viúvo, ou fillos un auxilio de defunción na seguinte contía e forma:

-Por 5 anos de servicio, unha mensualidade.

-Por 10 anos de servicio, dúas mensualidades.

-Por 20 anos de servicio, tres mensualidades.

-Por 25 anos de servicio, catro mensualidades.

Ó persoal que non leve os 5 anos de servicio na empresa aboaráselle a parte proporcional ó tempo traballado na contía de seis días por ano de servicio.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve como mínimo 15 anos de servicio na empresa percibirán dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que exceda dos quince de referencia.

Artigo 23º.-Prazos de aviso previo.

Os prazos de aviso previo nos casos de cesamento voluntario dos traballadores serán os seguintes:

-Xefe de recepción.-Contable xeral.-Caixeira.-Encargado de economato e bodega.-Encargado de traballo.-Xefe de cociña.-Primeiro conserxe de día.-Encargado xeral ou gobernanta.-Primeiros encargados de café, cafés bares, vinte días. Resto de persoal, dez días.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais de xullo, Nadal e setembro.

Artigo 23º.-Día da patroa.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborais con opción por parte da empresa para poder substituíla por pagamento en metálico co fin de mante-lo normal funcionamento dela; a substitución en metálico será a que lle corresponda ó traballador polo seu salario base máis a antigüidade dunha xornada normal.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais.

As garantías sindicais que no art. 68 do Estatuto dos traballadores se establecen para os membros do comité de empresa e delegados de persoal electos esténdense ós candidatos a aqueles postos, e durante os seis meses seguintes de realizadas as eleccións ás que se presentaron na súa calidade ou condición de candidatos.

Recoñecerase a existencia de seccións sindicais con máis de 50 traballadores así como dos delegados das seccións sindicais, quen terán os mesmos dereitos e garantías que os membros do comité de empresa.

Os traballadores terán dereito a realizar asembleas con carácter ordinario unha vez ó mes fóra da xornada laboral e cunha duración dunha hora, sen interrompe-las actividades do servicio.

Nos demais dereitos aplicarase o disposto na Ordenanza laboral, Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normas complementarias.

Artigo 26º.-Seguro por invalidez ou morte.

A empresa contratará un seguro colectivo de invalidez ou morte en accidente de traballo para todo o persoal afectado por este convenio coa cantidade de tres millóns cincocentas mil pesetas para ámbolos casos.

Artigo 27º.-Xubilación anticipada.

Atendendo ós efectos positivos que de cara a palia-lo actual nivel de desemprego desta medida puideran derivarse, as partes asinantes deste convenio acordan, conforme o disposto no Real decreto 1194/1985, de 17 de xullo, a xubilación ós 64 anos, co 100% dos seus dereitos pasivos, para aqueles traballadores que voluntariamente o soliciten, comprometéndose a empresa a substituír simultaneamente o traballador xubilado por outro traballador contratado nos termos establecidos no dito real decreto.

Tamén de acordo coa dita norma legal, nos supostos en que está prevista a aplicación de coeficientes reductores á idade mínima de 65 anos, os ditos coeficientes aplicaranse á idade de 64 anos, sempre que teña lugar a correspondente substitución do traballador xubilado.

Artigo 28º.-Transformación de contratos de duración determinada en indefinidos.

Co obxectivo de fomenta-la estabilidade no emprego, ámbalas partes conveñen adherirse ós acordos asinados polos axentes sociais o 16-5-1997 e ó seu desenvolvemento normativo.

Artigo 29º.-Comisión de interpretación.

As dúbidas que susciten a interpretación e aplicación do seguinte convenio resolveranse entre os delegados do persoal e a representación da empresa.

Disposición adicional.

En todo caso, este convenio colectivo enténdese de mínimos e, no non previsto nel, aplicarase ó que dispón o convenio provincial de hostalería da Coruña.

Retribucións anuais

Hotel 1999:

No nivel 1: 11.923.750 ptas.

No nivel 2. 1.904.355 ptas.

No nivel 3: 1.863.480 ptas.

No nivel 4: 1.844.970 ptas.

No nivel 5: 1.825.125 ptas.

No nivel 6: 1.805.910 ptas.

No nivel 7: 1.783.950 ptas.

No nivel 8: 1.771.559 ptas.

Cafetería 1999:

No nivel 1: 1.840.758 ptas.

No nivel 2: 1.816.128 ptas.

No nivel 3: 1.755.753 ptas.

No nivel 4: 1.739.283 ptas.

En proba de conformidade con canto se deixa exposto, asínano os comparecentes no lugar e data antes indicados, estendéndose este papel timbrado da clase 8ª, prego enumerado 0E9113883.

-Por parte da empresa:

Mª Estrella Mazoy Dorrego

Luis D. Graña Crecente

-Por parte dos traballadores:

Mª Dolores Facal Rey

Luis Carlos Varela Souto

Joaquín Vejo Núñez

José Raúl Rocha Naveira