Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 33/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 33/2000.

Denunciado/a: Luis Antonio García Pérez.

DNI/CIF: 76.408.341.

Último enderezo coñecido: Sagrado Corazón, 12. Cedeira.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: diez mil pesetas (10.000 ptas.).

A Coruña, 5 de xuño de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña