Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de maio de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Rúa I, Rúa III e Rúa V.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión dos viveiros Rúa I, Rúa III e Rúa V e das concesiónss administrativas que os amparan, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro: mediante escritos de data 24-2-2000, José Álvarez Ochoa solicitou autorización para transmisión da concesión dos viveiros Rúa I, Rúa III e Rúa V.

Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características dos viveiros e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo: os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mª Luisa Álvarez Míguez (76.858.554), Manuel Francisco Prol Sánchez (35.259.250), Josefa Álvarez Míguez (35.447.868) e Evaristo Costas Aguín (35.435.693), das concesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación e das que son titulares na actualidade José Álvarez Ochoa (35.387.335) e Luisa Míguez Pérez (35.371.493).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rúa I.

Localización: 128 O Grove G.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 10-11-1964.

Remate vixencia: 30-11-2004.

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Rúa III.

Localización: 4 O Grove E.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 27-11-1970.

Remate vixencia: 26-12-2000.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rúa V.

Localización: 124 O Grove G.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 14-5-1975.

Remate vixencia: 19-6-2005.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal e copia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de maio de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra