Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 20 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 10 de febreiro de 2000 dictada no expediente sancionador AC-57/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-57/1999, incoado ó entón titular do establecemento de discoteca denominado O Sarela, situado na rúa Codeseira nº 3, lugar de Vidán, do concello de Santiago de Compostela, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-57/1999.

Denunciado: Luiquen Hill, S.L.

Establecemento: Discoteca O Sarela.

Enderezo: Rúa da Codeseira nº 3, lugar de Vidán.

Localidade: Santiago de Compostela.

Resolución: 10 de febreiro do 2000.

Precepto infrinxido: artigo 86 punto 8 da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

A Coruña, 20 de xuño de 2000.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña