Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000 pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto Cidade da Cultura de Galicia (termo municipal de Santiago de Compostela).

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 171/2000, do 29 de xuño, acordou declara-la urxente ocupación, pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras de referencia, declarando a Fundación Cidade da Cultura de Galicia como beneficiaria no expediente expropiatorio.

Na súa virtude e en cumprimiento do disposto no artigo 52, da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta secretaría xeral, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago de Compostela e na Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para que comparezan no lugar, data e hora que a continuación se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo dese trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Concello de Santiago de Compostela.

Horario: 10.30 horas ás 13 horas.

Data: 31 de xullo de 2000.

De: Aldrey Otero, Francisco A: Codesido Rivas, Manuel José.

Data: 1 de agosto de 2000.

De: Conde Blanco, Manuel A: Iglesias Rozas, Concepción.

Data: 2 de agosto de 2000.

De: Lagares Bra, Nieves A: Pérez Otero, Santiago.

Data: 3 de agosto de 2000.

De: Piñeiro Castelao, Rosa A: Villaverde Varela, Mª Carmen.

Data: 4 de agosto de 2000.

Caixa Galicia.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e, en caso de representación, o poder suficiente, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Advírteselles ós interesados afectados, ós que se lles notificará individualmente o día, a hora e o lugar fixados para o levantamento das actas previas, que poderán formular alegacións por escrito no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, s/n Santiago de Compostela (A Coruña), ata o momento do levantamento das actas previas, co obxecto de emendar posibles erros que se puidesen producir ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

O levantamento das actas poderá continuarse en días e horarios posteriores, se fose preciso, sen necesidade de reitera-las citacións; bastará para tal efec

to o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo