Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000 sobre autorización de apertura dunha delegación da axencia de viaxes Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda., sita na rúa Paseo Fernando III, local 1, de Culleredo.

Examinado o expediente instruído por instancia de Carlos Sánchez Sánchez, na súa calidade de representante legal de Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda., en solicitude da autorización de apertura dunha delegación na rúa Paseo Fernando III, local 1, en Culleredo, da axencia de viaxes Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda., co número de rexistro 915/1997, que ten a súa casa central en Valença do Minho (Portugal), na rúa Empreendimento Cidade Nova, lote 1, piso 1, loja 35.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, achegou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e as formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba

o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda., sita en Valença do Minho (Portugal), na rúa Empreendimento Cidade Nova, lote 1, piso 1, loja 35, da que é titular Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda., a apertura dunha delegación na rúa Paseo Fernando III, local 1, en Culleredo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo