Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 2000 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 10 de marzo de 2000, con

vocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 7º da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron nos dous primeiros prazos establecidos (4 e 10 de abril, punto quinto.1 do DOG do 20 de marzo de 2000), por valor de 40.447.847 pesetas.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II. Indicar, no anexo III, as renuncias.

Terceiro.-De acordo co artigo 9º da orde de convocatoria, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poidan efectua-la Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas, que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria irá xunto cunha certificación do director do centro na que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente, engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

CENTROS SELECCIONADOS

TIPO/ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADEAXUDA CONCEDIDAPAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES BLANCO AMOROURENSE735.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES FERNANDO ESQUÍONEDA130.000POLONIA

INTERCAMBIOIES ANTÓN VILAR PONTEVIVEIRO638.893FRANCIA

INTERCAMBIOIES A FARIXAOURENSE455.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES A CARBALLEIRAOURENSE420.000FRANCIA

TIPO/ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADEAXUDA CONCEDIDAPAÍS DE DESTINO

INTERCAMBIOIES ROSAIS 2VIGO1.240.000INGLATERRA

INTERCAMBIOCOLEGIO APÓSTOL SANTIAGOVIGO665.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES ANTÓN VILAR PONTEVIVEIRO597.828INGLATERRA

INTERCAMBIOIES SALVADOR MORENOMARIN665.000FRANCIA

INTERCAMBIOEFA A CANCELAAS NEVES2.085.000ITALIA

INTERCAMBIOEFA FONTEBOACORISTANCO910.000FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOSCEIP PEÑA DE FRANCIAMOS133.000DINAMARCA

INTERCAMBIOIES TERRA DE XALLASSANTA COMBA665.000FRANCIA

INTERCAMBIOCEIP FROEBELPONTEVEDRA665.000ITALIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP DE VENTÍNAMES100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES Nº 1 DE RIBEIRARIBEIRA933.750ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES PONTEPEDRIÑASANTIAGO DE COMPOSTELA150.000ISLANDIA

INTERCAMBIOIES ILLA DE AROUSAA ILLA DE AROUSA473.643FRANCIA

INTERCAMBIOIES CAMPO DE SAN ALBERTONOIA888.750INGLATERRA

INTERCAMBIOCEIP DE ROXOS-VILLESTROSANTIAGO DE COMPOSTELA1.015.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES DE BRIÓNBRIÓN945.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES XULIÁN MAGARIÑOSNEGREIRA1.295.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES VILANOVA DE AROUSAVILANOVA DE AROUSA100.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACPI O CRUCECERCEDA150.000FINLANDIA

VISITA PREPARATORIAIES LUÍS SEOANEPONTEVEDRA400.000USA

VISITA PREPARATORIAIES CARLOS OROZAPONTEVEDRA105.720BÉLXICA

VISITA PREPARATORIAIES MEIXOEIROVIGO126.000ITALIA

INTERCAMBIOCEIP QUINTELA MOAÑAMOAÑA1.176.000PORTUGAL

INTERCAMBIOCPI CERNADAS DE CASTROLOUSAME712.500FRANCIA

INTERCAMBIOCEIP COIRÓN DENAMEAÑO622.000PORTUGAL

INTERCAMBIOIES XELMÍREZ IISANTIAGO DE COMPOSTELA950.000GRECIA

INTERCAMBIOCEIP CASTRILLÓN COIROCANGAS300.600PORTUGAL

INTERCAMBIOIES SAN ROSENDOMONDOÑEDO723.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES VILANOVA DE AROUSAVILANOVA DE AROUSA1.610.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES A XUNQUEIRA IPONTEVEDRA700.000USA

VISITA PREPARATORIACEIP DE ROXOS-VILLESTROSANTIAGO DE COMPOSTELA100.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES SOFÍA CASANOVAFERROL980.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES PEDRA DA AUGAPONTEAREAS780.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIACEIP VALES VILAMARÍNBETANZOS166.386FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP VALLE-INCLÁNOLEIROS126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACEIP DE VENTÍNAMES121.000INGLATERRA

VISITA PREPARATORIAIES MARQUÉS DE SUANZESFERROL40.000PORTUGAL

VISITA PREPARATORIAIES AS BARXASMOAÑA126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIACEIP CASTRILLÓN COIROCANGAS100.000FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOSEEI IGREXA VALADARESVIGO150.000SUECIA

VISITA PREPARATORIACEP IGREXA-VALADARESVIGO126.000ITALIA

INTERCAMBIOIES MONTE DAS MOASA CORUÑA299.436ALEMAÑA

INTERCAMBIOIES MONTE DAS MOASA CORUÑA367.026HOLANDA

VISITA PREPARATORIAIES O PERDOUROBURELA126.000ITALIA

PRÁCTICAS ALUMNOSIES LUÍS SEOANEPONTEVEDRA560.000USA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSIES MONTE NEMECARBALLO170.000FRANCIA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSEFA FONTEBOACORISTANCO730.000FRANCIA

ESTADÍA FORMATIVA DUN PROFESORIES MACÍAS O NAMORADOPADRÓN170.000INGLATERRA

INTERCAMBIOIES DE CURTISCURTIS1.015.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES EDUARDO PONDALSANTIAGO DE COMPOSTELA1.435.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES MARQUÉS DE SUANZESFERROL700.000ITALIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP UNION MUGARDESAMUGARDOS100.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES LELIADOURARIBEIRA126.000ITALIA

INTERCAMBIOCEIP DA PASTORIZAA PASTORIZA700.000FRANCIA

VISITA PREPARATORIAIES MONTE CASTELOBURELA93.000ITALIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP DE CARNOTACARNOTA126.000ITALIA

VISITA PREPARATORIAIES O PERDOUROBURELA120.000INGLATERRA

INTERCAMBIOIES MONTE CASTELOBURELA615.315FRANCIA

VISITA DE ESTUDIOCEIP EMILIA PARDO BAZÁNVIGO126.000HOLANDA

INTERCAMBIOIES O PERDOUROBURELA1.060.000INGLATERRA

VISITA DE ESTUDIOSCEIP PETELOS-MOSMOS126.000BÉLXICA

VISITA DE ESTUDIOIES MONTE DAS MOASA CORUÑA126.000HOLANDA

INTERCAMBIOCEIP DE CERVOBURELA735.000FRANCIA

INTERCAMBIOIES DE BECERREÁBECERREÁ1.635.000ALEMAÑA

VISITA PREPARATORIAIES RIBEIRA DO LOUROO PORRIÑO200.000USA

VISITA PREPARATORIAIES RIBEIRA DO LOUROO PORRIÑO200.000USA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSIES RIBEIRA DO LOUROO PORRINO250.000INGLATERRA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSIES RIBEIRA DO LOUROO PORRIÑO1.120.000USA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSIES FERNANDO WIRTZA CORUÑA1.120.000USA

ANEXO II

CENTROS EXCLUÍDOS

TIPO DE ACCIÓNCENTRO ESCOLARLOCALIDADECAUSA

VISITA DE ESTUDIOIES PORTO DO SONPORTO DO SONPROXECTO SEN RENOVAR

VISITA DE ESTUDIOCEIP RAÍÑA FABIOLASANTIAGO DE COMPOSTELAPROXECTO SEN RENOVAR

VISITA PREPARATORIACPI O CRUCECERCEDAO PROXECTO NON SE ADAPTA Á CONVOCATORIA

PRÁCTICAS DE ALUMNOSIES MACÍAS O NAMORADOPADRÓNO PROXECTO NON SE ADAPTA Á CONVOCATORIA

ANEXO III

RENUNCIAS

CENTRO ESCOLARLOCALIDADE

IES FERNANDO WIRTZ SUÁREZA CORUÑA