Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, para impartir 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, solicitando autorización definitiva para impar-

tir 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, para impartir 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: A Rocha, Poza Real, 5.

Código do centro: 15025116.

Denominación específica: Santa Apolonia.

Titular: Mª del Rosario Medina Gómez.

Ensinanzas que se autorizan: bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: -4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais; e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: actividades físicas e deportivas:-1 ciclo formativo de grao medio de conducción de actividades físico-deportivas no medio natural (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de hixiene bucodental (1 unidade para 30 alumnos).-1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades para 30 alumnos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de próteses dentais (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional de sanidade:-1 ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional de informática:-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).