Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2000 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Hijas de Jesús da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Hijas de Jesús da Coruña no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Estrada A Zapateira, 18.

Denominación: Hijas de Jesús.

Titular: Congregación Hijas de Jesús.

Código do centro: 15004198.

Nivel: educacion infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 9.

Unidades novas autorizadas: 1.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 10 unidades.

Centro de educación primaria: 24 unidades.