Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Visto que se descoñece o domicilio ou, intentada a notificación, esta non se efectou ós interesados María del Carmen Teijeiro Fernández, Evaristo Teijeiro Fernández, María Carmen Montero Teijeiro, Benigno Carlos Sánchez Rodríguez, Alfredo Méndez Leal, Telino Evaristo Leal Bardel, no expediente incoado pola delimitación do polígono industiral de Graduíl, Cambre publícase o acordo da Comisión de Goberno do 16 de marzo deste ano que lles afecta e que se transcribe literalmente a seguir:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación do polígono industiral de Graduíl, Cambre, redactado polo arquitecto J. Emilio Domenech e polo arquitecto técnico Jaime Esperón e que comprende unha superficie total de 36.550 m cualificada toda ela de solo urbano industrial, de acordo co artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Segundo.-Determinar para o citado polígono como sistema de actuación urbanística ou de compensación, de acordo co artigo 154 do Regulamento de xestión urbanística e artigo 53 das Normas subsidiarias do planeamento de Cambre.

Terceiro.-Somete-lo expediente de delimitación poligonal a información pública durante o prazo de vinte días mediante anuncios que se inserirán no BOP e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con citación persoal a cada un dos propietarios afectados, de acordo cos artigos 121.1º da

Lei 1/1997, do solo de Galicia e 38.1º b) do Regulamento de xestión urbanística.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contados desde o día seguinte á recepción desta notificación e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou (artigo 117 da Lei 30/1992).

O prazo para intepoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte á recepción desta notificación e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou (artigo 117 da Lei 30/1992).

O prazo para intepoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte á recepción desta notificación e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Este anuncio publícase para os efectos establecidos no artigo 121.1º da Lei 1/1997 do solo de Galicia.

Cambre, 28 de xuño de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde