Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador 36/12/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador nº 36/12/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á interesada para que nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, formule as actuacións pre

liminais, a achega de cantas alegacións ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle á interesada que queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións, o contido do predente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 36/12/2000.

Inculpada: Comercial Exporiental, S.L.

Enderezo: r/ Holanda, 4-9º E.-Leganés (Madrid).

Motivos: a altura do símbolo «CE» de 3,5 milímetros e inferior o mínimo legal; o nome ou razón social do fabricante ou representante non están redactados no idioma oficial do Estado; o símbolo gráfico de advertencia de idade, indica un rango de idade de 0 a 5 anos.

Data da iniciación: 19-5-2000.

Pontevedra, 12 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada Provincial do Instituto Galego

de Consumo