Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xuño de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 14/2000, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado o acordo de incoación do expediente sancionador VP 14/2000, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, concedéndolle ó interesado quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crea oportunas na súa descarga e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de dirección descoñecida, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 20 de xuño de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 14/2000.

Bernarda Cebeiro Mallo.

Pardiñeiros, 4, 4º C.

Milladoiro-Ames.