Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xuño de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-103-CD/1967, conta 229).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.504, 1.501 e 1.091 do Código Civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamentos dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación porvincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamentos, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de xuño de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Herdeiros de Cándida Costa Pena.

Expediente C-103-CD/1967 (Desafiuzamento FP 13/2000).

Conta 229.

Avenida de Castelao, bloque 40, P-2,5ºD, polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 16.080 pesetas.