Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto da alcaldía, o catro de xullo de dous mil, aprobouse inicialmente o estudio de detalle para pormenoriza-la ordenación das parcelas nº 1, 2 e 3 do ámbito Ponte da Pedra-Estrada de Razo, para construcción dun centro comercial en Carballo conforme o proxecto presentado, redactado polos arquitectos José R. Miyar Caridad e Gonzalo Serantes Conchado.

O expediente exponse ó público na Secretaría do Concello de Carballo, polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG e nun dos periódicos de maior circulación na provincia, co obxecto de que calquera persoa interesada poida presenta-las alegacións que considere oportunas.

Carballo, 4 de xullo de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde