Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo galego de editoriais para o ano 1999.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do convenio colectivo o 6 de abril de 2000, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto original ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Cláusula revisión salarial do convenio colectivo galego de editoriais para o ano 1999.

A comisión mixta paritaria do convenio colectivo, en reunión ordinaria que tivo lugar o día 6 de abril de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Actualización das retribucións salariais do ano 1999, motivada pola diferencia entre o IPC real do ano 1999, calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estatística, e o IPC previsto polo Goberno.

Consonte os artigos 7.3.1 e 7.3.2 do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Co efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa.