Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente sancionador de pesca fluvial LU-99/110.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, caberá a interposición do recurso contencioso-administrativo, a interpoñer perante

o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: LU-99/110.

Denunciado: José Manuel Boullón Arias.

Último enderezo coñecido: r/ Santa Teresa, 5-2º esqda. Tineo (Asturias).

Contido da resolución do recurso ordinario que se notifica:

Data: 19 de abril de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: practica-lo deporte da pesca durante horas nas que está prohibido facelo, sen a preceptiva licencia de pesca e utilizando cebo de uso prohibido (piscardo), tendo capturado, xunto con outras cinco persoas tamén denunciadas, un total de 45 troitas.

Sanción: multa de 550.000 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade, desde que a resolución sexa firme, por un período de dous anos.

Indemnización: por danos e perdas por valor de 36.500 pesetas.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.