Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000 pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-99/151.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, caberá a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, a interpoñer , a elección do recorrente, perante o xulgado do contencioso-administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente ou perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: PO-99/151.

Denunciado: Viales y Puentes.

Último enderezo coñecido: r/ Viso de Calvos, 41 Sabarís Baiona (Pontevedra).

Contido da resolución que se notifica:

Data: 26 de abril de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: esgota-lo volume de auga circulante do río por unha obra feita na súa canle, empregando substancias tóxicas, derivando danos á riqueza piscícola.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento e orde de incoación dun novo expediente

polos mesmos feitos ó non ter transcorrido o prazo legalmente establecido para a prescrición da infracción.