Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade ó modelo de contrato de mandato e ás marxes brutas estándar das distintas orientacións productivas, en relación coa axuda para o cesamento anticipado na actividade agraria.

Unha das medidas establecidas no Regulamento de desenvolvemento rural (R. 1257/1999, do 17 de maio, do consello) é a relativa ó cesamento anticipado na actividade agraria, unha das de acompañamento á política agrícola común, e así foi incluída no programa presentado diante da comisión polo Estado Español.

Para a súa aplicación nesta Comunidade Autónoma publicouse a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 27 de marzo de 2000 (DOG nº 66, do 4 de abril). Na súa disposición derradeira primeira facúltase o director do Ilgga para que, entre outras cuestións, mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, estableza as marxes aplicables para calcula-lo número de hectáreas tipo das explotacións, así como o modelo de contrato de mandato entre o mandante-cedente, o agricultor que se xubila anticipadamente, e o mandatario, o servicio de transmisión, que é o propio instituto.

Xa que logo, con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Marxes brutas estándar.

As marxes brutas estándar aplicables no ano 2000, por orientacións productivas, en relación coa axuda para o cesamento anticipado na actividade agraria, son as que figuran como anexo I.

Segundo.-Modelo oficial de contrato de mandato.

De acordo do disposto no artigo 9.2º da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 27 de marzo de 2000, o modelo oficial de contrato de mandato entre o mandante-cedente, o titular dunha explotación que se acolla ó cesamento anticipado na actividade agraria, e o representante do servicio de transmisión, o director do Ilgga, é o que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO I

Marxes brutas estándar aplicables ás orientacións productivas gandeiras nesta comunidade autónoma no ano 2000

ActividadeUnidadesCaracterísticasPdto. brutoG. variabl.Marxe bruta

AbellasColmea14.0005.0009.000

CaprinoNaiCon primas21.0001.60019.400

ActividadeUnidadesCaracterísticasPdto. brutoG. variabl.Marxe bruta

CaprinoNaiSen primas17.0001.60015.400

Caracoism parque1.500560940

Cebo porcinoPraza2,5 porcos praza50.00042.5007.500

CoellosNai23.76817.1136.655

ÉquidosCabSen primas35.0004.50030.500

OvinoNaiCon primas15.0001.60013.400

OvinoNaiSen primas10.0001.6008.400

Polos engordaPraza5,5 polos praza1.5101.230280

Polos de curralPraza3 polos praza4.5003.0001.500

PoñedorasUd2.6602.330330

PorcinoPorca nai234.000171.00063.000

Vacún carne CabDereitos + prima extens.190.46559.687130.778

Vacún carne CabCon dereitos173.82659.687114.139

Vacún carne CabSen dereitos142.60059.60083.000

Vacún leiteiroLitros/cota/ano< 50.000 l./expl.53,024,328,7

Vacún leiteiroLitros/cota/anoDe 50.001 a 100.00053,823,830,0

Vacún leiteiroLitros/cota/ano> 100.00057,125,231,9

VisónsNai4 crías/nai14.8009.3205.480

Xatos cebaPraza (1,25 xatos)0-9 meses142.125104.62537.500

Xatos cebaPraza (1,25 xatos)Con prima175.403104.62570.778

Xatos cebaPraza (1,25 xatos)Prima+prima extensific.196.201104.62591.576

Marxes brutas aplicables ás orientacións productivas agrícolas nesta comunidade atónoma no ano 2000

ActividadeUnidadesCaracterísticasPdto. brutoG. variabl.Marxe bruta

Aveaha37.0009.68028.300

BulbosmAire libre10.0008.0002.000

CaravelhaInvernadoiro16.000.0004.000.00012.000.000

Cebadaha71.00028.30042.700

Centeoha102.40027.50074.900

Cereal forraxeha80.00015.00065.000

Elaboración queixosl8 l por kg de queixo855035

FlorhaAire libre1.250.000450.000800.000

Framboesaha3.000.000310.0002.690.000

FresahaAire libre4.000.000750.0003.250.000

Horta alternativahaInvernadoiro13.200.0002.200.00011.000.000

HortalizashaAire libre5.600.0001.100.0004.500.000

KiwihaAire libre1.600.000150.0001.450.000

LeitugahaInvernadoiro3.000.000800.0002.200.000

Mazá mesaha1.600.000276.0001.324.000

Mazá sidraha850.000183.000667.000

MillohaGrao240.00065.000175.000

Patacaha400.000175.000225.000

PementohaInvernadoiro7.000.000800.0006.200.000

Pemento PadrónhaInvernadoiro9.500.000650.0008.850.000

Prad. perm. boa calid.ha135.00028.000107.000

Prad. perm. pobresha49.0004.00045.000

Praderías temporaisha108.00014.00094.000

RepolohaAire libre1.000.000250.000750.000

RosahaInvernadoiro27.000.0003.500.00023.500.000

TomatehaInvernadoiro7.300.0001.000.0006.300.000

Trigoha107.66738.00069.667

Verde ornamentalhaAire libre7.500.0002.500.0005.000.000

Viñd. non preferentehaVariedades autorizadas800.000240.000560.000

Viñedo outras D.OhaVariedades preferentes1.350.000250.0001.100.000

Viñedo Rías BaixashaVariedades preferentes1.575.000320.0001.255.000

XerberahaInvernadoiro18.000.0006.500.00011.500.000

Feixón verde aire librehaAire libre5.000.000600.0004.400.000

ANEXO II

Contrato de mandato relativo ó cesamento

anticipado na actividade agraria

..., ... de ... de 200

Reunidos:

Dunha parte ..., director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), en calidade de representante legal do Servicio de Transmisión da Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto no artigo ... da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de data ..., co número de identificación fiscal ...

Doutra parte, D/Dª ... co NIF nº ... e o seu cónxuxe D/Dª ... con NIF nº ... (en diante cedentes) acollidos ó cesamento anticipado na actividade agraria polo Real decreto ... e a orde do ..., da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, co número de expediente ..., en calidade de cedente dos predios, dereitos de plantación, dereitos de prima, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas, como consecuencia do cesamento anticipado na actividade agraria.

Ámbalas dúas partes se recoñecen mutuamente competencia e capacidade de abondo para formaliza-lo presente contrato de mandato de acordo coas seguintes

Cláusulas:

Primeira.-O presente contrato formalízase en cumprimento do artigo ... da Orde ... da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dado que o cedente decidiu utiliza-lo Servicio de Transmisión como cesionario da súa explotación.

Segunda.-O Ilgga obrígase a oferta-las parcelas agrícolas, dereitos de plantación, dereitos de prima, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión, relacionadas na cláusula cuarta, por conta e en nome do cedente, como consecuencia do réxime de axudas destinado a fomenta-lo cesamento anticipado na actividade agraria.

Terceira.-O mandato, expreso e especial, limítase ó labor de mediación na venda ou arrendamento dos predios obxecto de transmisión, e na transferencia de dereitos de plantación, dereitos de prima, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión relacionadas na cláusula cuarta, entre o cedente asinante do contrato e o/os potencial/is cesionario/s, tanto agrario/s como non agrario/s.

En ningún caso o mandato faculta o Servicio de Transmisión para facerse cargo dos predios, dereitos, cantidades de referencia para producción de leite

e outras concesións administrativas vinculadas á explotación preexistente, nin a outorgar escritura pública en representación do mandante.

Cuarta.-Os predios, dereitos, cantidades de referencia para a producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión no presente contrato de mandato son:

-Predios:

Concello/Polígono/Parcela/Superficie/Réxime de oferta agraria (propiedade e/ou arrendamento).

-Dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas.

-Dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións/Réxime de oferta: (transferencia, renuncia, abandono).

Quinta.-O gando da explotación do cedente é o seguinte:

-Censo de gandos:

Clase de gando/Nº de cabezas/Destino do gando.

O devandito gando será transmitido en venda polo cedente nas condicións establecidas nos compromisos da solicitude de cesamento anticipado do cedente.

En ningún caso, o Servicio de Transmisión se fará cargo do gando da explotación.

Sexta.-A duración do presente contrato será de 5 anos, a partir da súa formalización, salvo as causas de extinción previstas na cláusula décimo primeira.

Sétima.-O Servicio de Transmisión comprométese a oferta-las parcelas agrícolas, dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión, por conta e nome de D/Dª ... como cedente ou cesionista delas. Esta oferta realizarase, no caso de non atopar cesionario no prazo dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia dunha relación dos propietarios, predios, superficie destes, concellos en que se localizan e réxime da oferta de transmisión, así como dos dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas.

Oitava.-O Servicio de Transmisión, como mandatario, quedará obrigado a cumpri-las condicións do mandato, respondendo dos danos e perdas que lle ocasione o mandante ou cesionista polo seu incumprimento.

Novena.-O mandante ou cedente quedará obrigado a negociar cos posibles cesionarios, agrarios ou non agrarios, dos predios, dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión que acudan ó Servicio de Transmisión como consecuencia da oferta dos citados predios por parte do mandado.

Décima.-O cedente-mandante, durante a vixencia do presente contrato, non percibirá contraprestación dineraria ningunha por parte do Servicio de Transmisión en relación co obxecto do presente contrato.

Así mesmo, o cedente-mandante renuncia á explotación dos predios e gando da explotación, e á utilización dos dereitos, cantidades de referencia para producción de leite e outras concesións administrativas obxecto de transmisión durante o período de vixencia do contrato.

Décimo primeira.-O presente contrato extinguirase polas seguintes causas:

-Polo seu cumprimento.

-Por revogación do mandante, se atopara, antes do remate do prazo de 5 anos, un cesionario independentemente das ofertas realizadas polo Servicio de Transmisión.

-Por incumprimento das condicións do mandato por calquera das dúas partes.

-Pola morte do mandante.

En proba de conformidade, para a debida constancia do convido, asínase o presente contrato, por cuadruplicado exemplar, no lugar e data ó principio mencionados.

Director do Ilgga O cedente ou mandante O cónxuxe

Asdo.: ...Asdo.: ...Asdo.: ...