Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público aberto, dos servicios de deseño, impresión e distribución de material promocional dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dos servicios de deseño, impresión e distribución de material promocional dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 9/2000.

2. Obxecto do contrato:

Concurso público para a contratación de servicios de deseño, impresión e distribución de material promocional dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1. Deseño e maquetación do material promocional establecido nos lotes 2-6.

Lote 2. Impresión de material promocional de liñas de axuda do Igape.

Lote 3. Impresión de material promocional de programas do Igape en materia de expansión exterior.

Lote 4. Impresión de material promocional de programas de bolsas e de axudas á innovación.

Lote 5. Impresión de material promocional de programas do Igape en materia de investigación, desenvolvemento e innovación empresarial.

Lote 6. Impresión de material promocional de programas de apoio á iniciativa emprendedora.

Lote 7. Servicios de almacén, mailing e distribución do material promocional obxecto dos lotes 2-6.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, e nun máximo de quince días desde o requirimento do Igape e, se é o caso, posta a disposición do material necesario para a execución do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 17.250.000 ptas. (dezasete millóns duascentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: 2.500.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2: 2.250.000 ptas., IVE incluído.

Lote 3: 2.000.000 de ptas., IVE incluído.

Lote 4: 900.000 ptas., IVE incluído.

Lote 5: 4.200.000 ptas., IVE incluído.

Lote 6: 3.400.000 ptas., IVE incluído.

Lote 7: 2.000.000 de ptas., IVE Incluído.

5. Garantía provisional: o 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaránse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre deseños propostos, calidades de impresión e papel, prazos de entrega e prezos.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 13 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica