Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración de modelos de mellores prácticas e dun CD-ROM co seu contido a incluír na web do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración de modelos de mellores prácticas e dun CD-Rom co seu contido para incluír na web do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP 08/00.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a elaboración de modelos de mellores prácticas e dun CD-Rom co seu contido para incluír na web do Igape, co seguinte detalle en lotes:

Lote 1. Elaboración dun modelo de mellores prácticas para proxectos de reinxeñería de procesos.

Lote 2. Elaboración dun modelo de mellores prácticas para o deseño e comunicación da imaxe corporativa.

Lote 3. Elaboración dun modelo de mellores prácticas para a elaboración de sistemas de intelixencia comercial e competitiva.

Lote 4. Elaboración dun CD-Rom co contido dos traballos obxecto dos lotes 1-3 e inclusión do seu contido na web do Igape.

Prazos de execución: os establecidos na oferta técnica do adxudicatario, cos seguintes máximos:

Lotes 1-3: 4 meses desde a sinatura do contrato.

Lote 4: 2 meses desde a entrega polo Igape da información obtida da execución dos lotes 1-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 6.900.000 ptas. (seis millóns novecentas mil pesetas), IVE incluído, co seguinte detalle por lotes:

Lote 1: 1.800.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2: 1.800.000 ptas., IVE incluído.

Lote 3: 1.800.000 ptas., IVE incluído.

Lote 4: 1.500.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se concorrra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e sellado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre deseños técnicos e ferramentas propostas para a execución dos traballos, sobre metodoloxía de traballo e sobre melloras técnicas propostas.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica