Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de xuño de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 6/2000 e VP-C 8/2000 unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, notifícaselle ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 6/2000 e VP-C 8/2000, que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que se crean oportunas na súa descarga e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirvan de notificación ós interesados de dirección descoñecida, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 14 de xuño de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 6/2000.

Mª Angélica García Patiño.

Polígono de Vite.

C/ García Lorca, 18-3º D.

Santiago de Compostela.

VP-C 8/2000.

Mª Carmen Antuñez Ares.

Polígono de Caranza.

Avda. Castelao, bloque 37, portal 8-4º A.

Ferrol.