Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de xuño de 2000 pola que se lle notifica a Alberto Gallego Modraño a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda. (Expediente PO 83400, conta 36).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (rúa Alexandre Bóveda, nº 10-baixo F en Vigo), sen que se poidese practicar, notifícaselle a Alberto Gallego Modraño a resolución do director xeral do IGVS do 25 de abril de 2000, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Expediente de desafiuzamento administrativo

Resolución

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Alberto Gallego Modraño, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Alexandre Bóveda nº 10, baixo F (Vigo), correspondente ó:

Expediente: PO-83/400, conta 36, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes

Feitos

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.055.915 pesetas, na data do 26 de agosto de 1999 correspondentes ós meses de febreiro/86 a agosto/99.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades que debe nesa data, o dito requirimento foi devolto polo servicio de correos e posteriormente publicado conforme o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O requirimento non foi atendido no prazo outorgado para o efecto.

3. A 14 de abril de 2000, a débeda ascende a 1.112.579 ptas., por falta de pagamento dos recibos seguintes: febreiro/86 a abril/2000.

Fundamentos de dereito

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que será levado a cabo polo funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e polo representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de estar ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo