Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o arrendamento de PC, impresoras, teclados con lector de banda magnética e software de base. (S-178/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto do arrendamento: os centros ou dependencias de entrega indicaranse á empresa que resulte adxudicataria.

b) Natureza, cantidade ou valor dos productos que se van arrendar:

* Número referencia CCP: 452.

* Consumo: mínimo de 25 impresoras de cada tipo. Mínimo de 25 teclados con lector de banda magnética. Mínimo de 200 ordenadores personais por cada ano.

* Orzamento total: cento cincuenta e tres millóns duascentas cincuenta e dúas mil seiscentas pesetas (153.252.600 ptas., IVE incluído).

Euros: 921.006,68 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: pola totalidade.

4. Plazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 30 de abril de 2003.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 4 de agosto de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 11 de agosto de 2000.

b) Dirección a que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte)

ás 9.30 horas A.M. do quinto día natural a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

Pesetas: tres millóns sesenta e cinco mil cincuenta e dúas pesetas (3.065.052 ptas.).

Euros: 18.421,33.

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a contar desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto anexo II.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 5 deste anuncio.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado:

17. Data de envío do anuncio: 20 de xuño de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Dirección xeral da División de Recursos Económicos