Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de xuño de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Plan de Minimización de Riscos Microbiolóxicos no Medio Hospitalario de Galicia: 2.000 pesetas (2,02 euros).

Plan de Minimización de Riesgos Microbiológicos en el Medio Hospitalario de Galicia: 2.000 pesetas (2,02 euros).