Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VALADOURO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria do día 22 de xuño de 2000, aprobou inicialmente o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, mediante concurso aberto, trámite de urxencia, de subministración e instalación de mobiliario con destino a completa-lo equipamento do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Valadouro, detallándose no anexo I daquel a descrición, características e especificacións do mobiliario.

Consonte o preceptuado no artigo 122.1º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, sométese aquel a información pública polo prazo de oito días, para efectos de exame e reclamacións.

Anuncio de licitación.

Igualmente, e de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación, polo prazo de trece días naturais, aínda que se aprazaría no suposto de que se formulasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Valadouro.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría municipal.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mobiliario para completa-lo equipamento do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Valadouro, segundo características e especificacións que se detallan no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de entrega: centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Valadouro.

c) Prazo de entrega: trinta días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.000.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 140.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Valadouro.

b) Domicilio: Feira Nova, 1.

c) Localidade e código postal: Ferreira do Valadouro/27770.

d) Teléfono: 982 57 40 00.

e) Telefax: 982 57 40 36.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

Ata as 14 horas do derradeiro día natural para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14 horas do derradeiro día natural para a presentación de proposicións que se computará a partir da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Concello da Valadouro.

2ª) Domicilio: Feira Nova, 1.

3ª) Localidade e código postal: Ferreira do Valadouro/27770.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidadde: Concello do Valadouro.

b) Domicilio: Feira Nova, 1.

c) Localidade: Ferreira do Valadouro.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

10. Prazo de presentación de plicas:

Será de trece días naturais, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina

de correos, anunciándolle á entidade contratante a remisión da oferta mediante telefax, télex ou telegrama, no mesmo día.

Ferreira do Valadouro, 29 de xuño de 2000.

Eulogio Fernández Sampayo

Alcalde