Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 5 de xuño de 2000, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, de contratación por concurso aberto da subministración de vestiario para o persoal do organismo.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación para a subministración de vestiario para o persoal do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 3.000.000 de pesetas.

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

Definitivas: 4% do importe do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económico-financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: quince días naturais seguintes a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n. Vigo. Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en día non hábil o de apertura de proposicións, ou se por causas de forza maior no puidese realizarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XVII do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 5 de xuño de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo Vigo-Zoo