Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

APROBACIÓN inicial de estudio de detalle presentado pola entidade Benisa Promociones, S.L., para regula-la construcción no soar situado na avenida de Madrid, esquina de baixada á praia de Lavapanos da vila de Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 23 de maio do ano actual, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado pola entidade Benisa Promociones, S.L, para regula-la construcción no soar situado na avenida de Madrid, esquina de baixada á praia de Lavapanos de vila de Sanxenxo, segundo documentación redactada polo arquitecto Antonio Espinosa Murias.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se considere prexudicado ou afectado poida formula-las alegacións que coida procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, suspén

dese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 1 de xuño de 2000.

Fernando Villaverde González

Alcalde