Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUÍÑOS

ANUNCIO: centro sociocultural e hangar para embarcacións-Ampliación de centro sociocultural para albergue.

No BOP de Ourense número 136, de data xoves, 25 de xuño de 2000, publicouse conxuntamente anuncio do prego de cláusulas para a contratación da obra que se relaciona mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia e anuncio de licitación dela. As proposicións económicas recollerán conxuntamente a totalidade da obra (proxecto I e proxecto II) e axustaranse ó modelo que se establece no prego de cláusulas que lles será facilitado polo concello ós licitadores interesados. As ofertas e documentación presentarase no rexistro xeral do concello en días e horas de oficina ata as 12 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Obra: Proxecto I. Centro sociocultural e hangar para embarcacións: 58.317.543 ptas. Proxecto II. Ampliación de centro cultural para albergue: 30.310.313 ptas. (inclúese en ámbolos dous o beneficio industrial, os gastos xerais, os fiscais, honorarios, dirección de obra e o IVE). O prazo de execución desde o día seguinte ó da data de comprobación do planeamento ata o 31 de maio de 2001 e a clasificación do contratista resulta ser grupo C, subgrupo todos, categoría D.

Muíños, 19 de xuño de 2000.

Plácido Álvarez Dobaño

Alcalde