Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicataria: Monforte de Lemos.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adquisición de mobiliario para a planta primeira do edificio da nova casa do concello.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramtiación: ordinaria.

Procedemento: concurso.

4. Tipo de licitación.

Máximo, por importe de 23.756.150 pesetas, IVE incluído.

4. Garantías.

Provisional: 2%.

Definitiva: 4% da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Monforte de Lemos. Departamento de secretaría.

Código postal: 27400.

Teléfono: 982 40 24 80.

Telefax: 982 40 48 12.

Data límite de obtención de documentos e información: un día antes da finalización do prazo de licitación.

6. Requisitos específicos do contratista.

Persoas naturais ou xurídicas con capacidade de obrar e de obrigarse. As persoas xurídicas acreditarán a súa constitución legal.

7. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a esixida nos pregos de condicións.

8. Apertura de ofertas.

Data: o terceiro día hábil, despois de finalizado o prazo de presentación.

Hora: trece horas.

9. Gastos de anuncios.

Con cargo ó adxudicatario.

Monforte de Lemos, 29 de xuño de 2000.

Nazario Pin Fernández

Alcalde