Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condición correspondentes.

Resolución: 9-5-2000.

Obxecto: construcción de nave para almacén de mercadorías.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: Granos del Noroeste, S.A.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 30-5-2000.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Porto: Cabo de Cruz.

Adxudicatario: Modesto Salvador Muñiz Araújo e José Muñiz Araújo.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, á elección do interesado, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia