Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó establecido nos artigos 133 e concordantes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, en relación co Art. 162.4º do R.D. 3288/1978, de 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, mediante este anuncio procédese á publicación da aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación da xunta de compensación da área de reparto 10 das do Plan xeral de ordenación municipal de Lalín, coa redacción que foi publicada no BOP de Pontevedra nº 221 do 17-11-1999 ós que se unen como anexos a relación de propietarios e o plano parcelario.

O que se publica para os efectos oportunos.

Lalín, 28 de xuño de 2000.

Camilo González Bodaño

Alcalde Acctal.