Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de productos de alimentación, limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo e o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-las adxudicacións dos seguintes concursos anunciados no DOG nº 43, do 2 de marzo de 2000.

* Expediente 1/2000 de subministración de alimentación: carnes, froitas e verduras para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Partida 1 (carnes): declárase esta partida deserta.

-Partida 2 (coellos e aves): Gallega de Alimentación, S.A., por un importe máximo de 2.299.661 ptas. (dous millóns duascentas noventa e nove mil seiscentas sesenta e unha pesetas).

-Partida 3 (froitas e verduras): Elisa Vieiro Rodríguez, por un importe máximo de 5.171.575 ptas. (cinco millóns cento setenta e unha mil cincocentas setenta e cinco pesetas).

* Expediente 2/2000 de subministración de alimentación: conxelados e peixe fresco para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Partida 1 (conxelados): José Luis Vázquez Freijoso (Vazalva), por un importe máximo de 10.345.636 ptas., (dez millóns trescentas corenta e cinco mil seiscentas trinta e seis pesetas).

-Partida 2 (peixe fresco): Pescados Guarin, S.L., por un importe máximo de 7.387.120 ptas., (sete millóns trescentas oitenta e sete mil cento vinte pesetas).

* Expediente 3/2000 de subministración de alimentación: pan, lácteos e derivados e varios para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Partida 1 (pan e bolos): Panadería Confitería Lavandeira, S.L., por un importe máximo de

3.138.756 ptas. (tres millóns cento trinta e oito mil setecentas cincuenta e seis pesetas).

-Partida 2 (lácteos e derivados): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 3.649.581 ptas. (tres millóns seiscentas corenta e nove mil cincocentas oitenta e unha pesetas).

-Partida 3 (varios): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 8.697.216 ptas. (oito millóns seiscentas noventa e sete mil duascentas dezaseis pesetas).

* Expediente 4/2000 de subministración de material de limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Partida 1 (lavavaixelas): Distribuciones y Exclusivas Francisco Fernández Lijó, S.L., por un importe máximo de 355.447 ptas. (trescentas cincuenta e cinco mil catrocentas corenta e sete pesetas).

-Partida 2 (productos e utensilios): Irago, S.A, por un importe máximo de 2.529.650 ptas. (dous millóns cincocentas vintenove mil seiscentas cincuenta pesetas).

-Partida 3 (bolsas de lixo): Irago, S.A., por un importe máximo de 2.113.935 ptas. (dous millóns cento trece mil novecentas trinta e cinco pesetas).

-Partida 4 (papel de aseo): Irago, S.A., por un importe máximo de 2.349.728 ptas. (dous millóns trescentas corenta e nove mil setecentas vinteoito pesetas).

-Partida 5 (productos de lavandería): Irago, S.A., por un importe máximo de 424.466 ptas. (catrocentas vintecatro mil catrocentas sesenta e seis pesetas).

* Expediente 5/2000 de subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

-Partida 1 (aceites): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 794.489 ptas. (setecentas noventa e catro mil catrocentas oitenta e nove pesetas).

-Partida 2 (varios): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 1.079.559 ptas. (un millón setenta e nove mil cincocentas cincuenta e nove pesetas).

-Partida 3 (bebidas): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 242.145 ptas. (duascentas corenta e dúas mil cento corenta e cinco pesetas).

-Partida 4 (embutidos): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 542.081 ptas. (cincocentas corenta e dúas mil oitenta e unha pesetas).

-Partida 5 (conservas): Casa Pepe Vigo, S.L. por un importe máximo de 579.001 ptas. (cincocentas setenta e nove mil unha pesetas).

-Partida 6 (azucre): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 81.700 ptas. (oitenta e unha mil setecentas pesetas).

-Partida 7 (ovo líquido): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 286.589 ptas. (duascentas oitenta e seis mil cincocentas oitenta e nove pesetas).

-Partida 8 (pan e pastelería): Panadería Confitería Lavandeira, S.L., por un importe máximo de 1.055.338 ptas. (un millón cincuenta e cinco mil trescentas trinta e oito pesetas).

-Partida 9 (lácteos e derivados): Casa Pepe Vigo, S.L., por un importe máximo de 1.448.202 ptas. (un millón catrocentas corenta e oito mil duascentas dúas pesetas).

-Partida 10 (iogures): Lácteas del Atlántico, S.A., por un importe máximo de 268.288 ptas. (duascentas sesenta e oito mil duascentas oitenta e oito pesetas).

-Partida 11 (peixe conxelado): José Luis Vázquez Freijoso (Vazalva), por un importe máximo de 2.190.934 ptas. (dous millóns cento noventa mil novecentas trinta e catro pesetas).

-Partida 12 (verduras e outros conxelados): Onda Conxelados, S.A., por un importe máximo de 1.204.465 ptas. (un millón duascentas catro mil catrocentas sesenta e cinco pesetas).

-Partida 13 (carne fresca): Julián Italiani Quicler, por un importe máximo de 2.814.083 ptas. (dous millóns oitocentas catorce mil oitenta e tres pesetas).

-Partida 14 (polos e aves frescos): Gallega de Alimentación, S.A., por un importe máximo de 1.072.367 ptas. (un millón setenta e dúas mil trescentas sesenta e sete pesetas).

-Partida 15 (peixe fresco): José Luis Vázquez Freijoso (Vazalva), por un importe máximo de 1.191.285 ptas. (un millón cento noventa e unha mil duascentas oitenta e cinco pesetas).

-Partida 16 (varios de bolos): Casa Pepe Vigo, S.L. por un importe máximo de 490.522 ptas. (catrocentas noventa mil cincocentas vintedúas pesetas).

* Expediente 6/2000 de subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

-Partida 1 (lavalouzas): Francisco Fernández Lijó, S.L. por un importe máximo de 229.508 ptas. (duascentas vintenove mil cincocentas oito pesetas).

-Partida 2 (limpeza xeral): Darlim, S.L., por un importe máximo de 828.025 ptas. (oitocentas vinteoito mil vintecinco pesetas).

-Partida 3 (hixiene téxtil): Irago, S.A., por un importe máximo de 632.316 ptas. (seiscentas trinta e dúas mil trescentas dezaseis pesetas).

-Partida 4 (material de aseo): Irago, S.A., por un importe máximo de 1.287.449 ptas. (un millón duascentas oitenta e sete mil catrocentas corenta e nove pesetas).

-Partida 5 (material vario de limpeza): Irago, S.A., por un importe máximo de 159.799 ptas. (cento cincuenta e nove mil setecentas noventa e nove pesetas).

-Partida 6 (celulosa e rexeitables): Irago, S.A., por un importe máximo de 1.327.540 ptas. (un millón trescentas vintesete mil cincocentas corenta pesetas).

-Partida 7 (bolsas plásticas): Irago, S.A., por un importe máximo de 510.690 ptas. (cincocentas dez mil seiscentas noventa pesetas).

-Partida 8 (empapadores e guantes): Cardio Medical del Mediterráneo, S.L., por un importe máximo de 1.060.600 ptas. (un millón sesenta mil seiscentas pesetas).

-Partida 9 (varios de hixiene): Cardio Medical del Mediterráneo, S.A., por un importe máximo de 610.800 ptas. (seiscentas dez mil oitocentas pesetas).

Vigo, 30 de maio de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra