Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de varios servicios en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación dos servicios que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 43, do 2 de marzo de 2000.

* Expediente: 7/2000.

Servicio de seguridade e vixilancia nocturna no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela: adxudícaselle á empresa Prosesa, por un importe mensual de 528.048 ptas. (cincocentas vinteoito mil corenta e oito pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 8/2000.

Servicio de mantemento de xardíns para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícaselle á empresa Eulen, S.A. por un importe mensual de 300.000 ptas. (trescentas mil pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 9/2000.

Servicio de matemento de ascensores para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícaselle á empresa Ascel, S.L., por un importe mensual de 218.455 ptas. (duascentas dezaoito mil catrocentas cincuenta e cinco pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 10/2000.

Servicio de mantemento de instalacións para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo: adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., por un importe

mensual de 90.000 ptas. (noventa mil pesetas) IVE incluído.

Vigo, 30 de maio de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra