Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso para a contratación dos servicios de limpeza que a continuación se relacionan, anunciados no DOG nº 43, do 2 de marzo de 2000.

* Expediente: 11/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social do Calvario: adxudícaselle á empresa Limpisa Grupo Norte, S.A., por un importe mensual de 597.500 ptas. (cincocentas noventa e sete mil cincocentas pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 12/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social de Coia: adxudícaselle á empresa Limpisa Grupo Norte, S.A. por un importe mensual de 410.066 ptas. (catrocentas dez mil sesenta e seis pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 13/2000.

Servicio de limpeza na Residencia da 3ª Idade de Marín: adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., por un importe mensual de 968.600 ptas. (novecentas sesenta e oito mil seiscentas pesetas) IVE incluído.

* Expediente: 14/2000.

Servicio de limpeza no Centro Social de Teis: adxudícaselle á empresa Eulen, S.A., por un importe mensual de 406.000 ptas. (catrocentas seis mil pesetas) IVE incluído.

Vigo, 30 de maio de 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra