Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 1/2000 DXC).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 1/2000 DXC.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a realización dunha asistencia técnica para o estudio, a análise e elaboración dos informes técnicos correspondentes á actividade económico-financeira das cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación e das fundacións, así como a modificación das tarifas da Comisión de Prezos, todas elas sometidas á competencia da Consellería de Industria e Comercio.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 24 de abril de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dez millóns cincocentas mil pesetas (10.500.000 ptas.), IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 13 de xuño de 2000.

Adxudicataria: María Dolores Silva López.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio