Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 18 (licenciado/a en informática e outros) do grupo I e a categoría 27 (técnico superior diplomado/a en informática e outros) do grupo II (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicadas as resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, polas que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 18 (licenciado/a en informática e outros) do grupo I e categoría 27 (técnico superior diplomado/a en informática e outros) do grupo II (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión celebrada o día 27 de xuño, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 18 (licenciado/a en informática e outros), do grupo I e a categoría 27 (técnico superior diplomado/a en

informática e outros) do grupo II (lista B) da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da categoría 18 (licenciado/a en informática e outros), do grupo I e a categoría 27 (técnico superior diplomado/a en informática e outros) do grupo II (lista B), quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 de xuño da Dirección Xeral da Función Pública tal e como se establece na base 6ª desta.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública