Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.628

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 30 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciados pola Orde do 6 de marzo de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 6 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 58, do 23 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co

disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 6 de marzo de 2000.

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo señalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Fernández, Jesús David.

DNI: 32.761.510.

Grupo: A.

Corpo/escala: escala da administración especial, subescala de servicios especiais, clase cometidos especiais.

Código do posto: MA.C04.00.000.15770.002.

Denominación do posto: xefe área apoio autoridade ambiental.

Centro do directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 28.

Apelidos e nome: Rega Piñeiro, José Westorio.

DNI: 32.450.769.

Grupo: A.

Corpo/escala: facultativo superior Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.C04.00.002.15770.005.

Denominación do posto: xefe do Servicio Fomento e Control de Calidade.

Centro do directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel de C. destino: 28.