Publicadas as resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, polas que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente ás categorías 16 (conductor), 24 (xastre/a), 28 (auxiliar de producción/dirección), do grupo IV e a categoría 12 (peón, laborante e outros) do grupo V (lista B) e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión celebrada o día 22 de xuño, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías 16 (conductor), 24 (xastre/a), 28 (auxiliar de producción/dirección), do grupo IV e a categoría 12 (peón, laborante e outros) do grupo V (lista B) da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas das categorías 16 (conductor), 24 (xastre/a), 28 (auxiliar de producción/dirección) do grupo IV e a categoría 12 (peón, laborante e outros) do grupo V (lista B), quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 de xuño da Dirección Xeral da Función Pública tal e como se establece na base 6ª desta.
Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública