Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.627

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 11 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 25 de maio), correspondente á categoría 2 (ATS e outros) (lista B) do grupo II.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data 26 de xuño, resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Belén Longa Portabales contra a Resolución do 25 de maio de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 2 (ATS e outros) (lista B) do grupo II.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede da-la debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 25 de maio de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 2 (ATS e outros) (lista B) do grupo II, cos seguintes datos:

Mª Belén Longa Portabales, DNI 36.108.890, lista B, puntuación: 2,450.

No posto número 63 no ámbito xeográfico D1500 e no posto número 33 no ámbito xeográfico D3600. Debendo ser excluída dos ámbitos xeográficos D2700 e D3200.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación, perante o Xulgado do Conten

cioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública