Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-168/1999, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que

no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 13 de abril de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-168/1999.

Denunciado: Jorge Louro Ansede.

DNI: 32.761.239-Q.

Enderezo: Ronda de Outeiro, 402-B-1º-A Coruña.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia en vigor. Feitos constatados o día 25-8-1999 no encoro dos Peares (río Miño). Belesar. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para practicar este deporte durante un ano.